Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 7 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52722).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Electra del Jallas, S.A., co enderezo na praza da Constitución nº 17,

15270-Cee (A Coruña), de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da liña eléctrica a 20 kV e centro de transformación no Viso, no municipio de Carnota.

A declaración de utilidade pública, da referida instalación, que foi outorgada con data do 21-6-1994, leva implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Correo Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Infórmase os propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación.

A Coruña, 7 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Expte: 52722.

Liña a: 15/20 kV. e C.T. no Viso.

Provincia: A Coruña.

Concello: Carnota.

Fincas:

nº: 34

Cultivo: lagos.

Lugar: prado.

Propietarios:

Nome e apelidos: Ramono Malbárez Cambeiro

Domicilio: Berrroxe-Brens. 15270-Cee.

Afección:

Voo: ml: 9

m: 90

3862