Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da liña eléctrica a 66 kV Zarzo-Aranga. (Expediente 52547)

En cumprimento do disposto nos artigos 56 da expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 118/1996, do 14 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo de 1996), para imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 66 kV, Zarzo-Aranga, no seu percorrido polos termos municipais de Paderne, Coirós e Aranga, da entidade beneficiaria deste proceso expropiatorio Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña; fáiselles saber a tódolos propietarios propostos de demais interesados neste expediente, ós que se lles practicará notificación ó efecto, que nos días e horas que nas mesmas se anunciarán, procederase polo representante e o perito da Administración á toma de datos sobre cada predio, e a continuación nas oficinas de cada Casa Consistorial, ó levantamento das actas previas á ocupación.

As relacións dos predios afectados para as que se segue a imposición das servidumes foron publicadas no BOP da Coruña de data 23 de marzo de 1995. As relacións actualizadas, excluídas os predios para as que se logrou o mutuo acordo, expóñense xunto con este edicto nos taboleiros de cada municipio.

Advírtese ós interesados que nos días e horas que lles serán sinalados, poderán facerse acompañar dos seus peritos e un notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata aquel momento as alegacións ós sós efectos de emendar posibles erros padecidos ó relacionar os bens afectados.

A Coruña, 7 de maio de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3884