Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/347, R.C.I. 17.858).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Mabarza, S.L., co enderezo en Saltiño, s/n, Aserra-15938 Boiro (A Coruña), para a autorización administrativa das instalación que segue:

-Sistema de coxeración composto dun grupo motor-xerador de 965 kVA, empregándose como combustible gasóleo C e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, con C.T. de 1.300 kVA e relación de transformación 15 kV/6 kV.

-Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no lugar de Aserra, Saltiño, s/n, do concello de Boiro, (A Coruña).

-Orzamento: 103.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3883