Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/170-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Servero Ochoa 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Beira-Canedo.

Situación: Carral.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón, con conductor LA-56, de 281 m de lonxitude, con orixe na liña Carral-Mesón do Vento (Expte. 27062) e final en C.T. que se vai instalar en Beira-Canedo. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Beira-Canedo en rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 187 m de lonxitude. Concello de Carral.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3952