Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/193-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: C.T. tipo edificio de 630 kVA e L.M.T.

Situación: Alexandre Bóveda, 1-Narón.

Descricións técnicas: liña subterránea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm AL, de 120 m de lonxitude, con orixe na liña Mariña-Cocheiras (Expte. 52762) e final no C.T. que se vai instalar nomeado Alexandre Bóveda nº 1. Centro de transformación tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV e r/ Alexandre Bóveda nº 1. Narón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3949