Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/161-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Lamas-Pereira.

Situación: A Capela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.761 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Lamas e remata no C.T. que se vai construír no lugar de Pereiras C.T. de 50 kVA e a R.B.T. que se vai construír en Lamas e Pereiras. Concello da Capela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3950