Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/195-2. Libro de rexistro: 4.450 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Igrexia.

Situación: O Valadouro.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 151 metros, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en postes de formigón ou torres metálicas. Centro de transformación de 160 kVA 20.000/380-220-127 V, tipo intemperie. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-150, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Igrexa, concello do Valadouro.

Orzamento: 3.137.613 pesetas.

Cumprido-los tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-3914