Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra que se cita (expediente RC-PO-96.4).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número do expediente: RC-PO-96.4.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mellora da seguridade vial na estrada C-550. Treitos: Ponte da Ramallosa-Sabarís. Concello de Baiona.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Ponte da Ramallosa-Sabarís. Baiona.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 19.908.274 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

b) Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

d) Teléfono: (986) 80 56 42.

e) Telefax: (986) 80 56 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d. Grupo B, subgrupo 2, categoría a.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra.

2. Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.

c) Localidade: Pontevedra, 36071.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 28 de maio de 1996.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

9604214