Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario número 1271/1992, constituído na Caixa de Depósitos da Delegación Territorial de Económia e Facenda de Pontevedra coa data do 17 de novembro de 1992, por importe de 144.997 ptas., sendo o propietario do metálico Caixa Galicia e o garantido Proyectos y Construcciones, S.L., faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, poida alegarse por terceiro o que considere oportuno, advertíndose que,
transcorrido o referido prazo se expedirá o novo resgardo, que anulará o primeiro.
Pontevedra, 8 de maio de 1996.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
9604213