1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial en Pontevedra.
c) Número do expediente: RC-PO-96.5.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: dotación de pavimento na nova estrada Peinador-Tameiga. 1ª fase. Concello de Mos.
b) División por lotes e número:
c) Lugar de execución: Peinador-Tameiga. Mos.
d) Prazo de execución: 2 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 22.843.667 ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Delegación Provincial en Pontevedra
b) Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.
c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.
d) Teléfono: (986) 80 56 42.
e) Telefax: (986) 80 56 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría a.
b) Outros requisitos: non se esixen.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra.
2. Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.
3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.
(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Domicilio: Alcalde Hevia s/n.
c) Localidade: Pontevedra, 36071.
d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
10. Outras informacións.
11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.
Pontevedra, 28 de maio de 1996.
José Manuel Iglesias Carrera
Delegado provincial de Pontevedra
96-3894