Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.474

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (167/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no procedemento abreviado número 167/1995, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e decisión que copiados literalmente din como segue:

«No procedemento abreviado, número 167/1995, dimanante do procedemento abreviado, número 47/1992, instruído polo Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, polo delicto de utilización ilexítima de vehículo de motor alleo, contra os acusados José Manuel Botana Pereira, nacido o 29 de xanerio de 1972, fillo de Eugenio e Mercedes, natural e veciño de Santiago de Compostela, con domicilio en Lavacolla-Lameira, número 18, Marcelo Alexis Guerreiro Arias, nacido o día 29 de abril de 1969, fillo de Gustavo e Fresa, natural de Santiago de Chile e veciño de Santiago de Compostela, con domicilio en Esquipa, número 9, Lavacolla, ámbolos dous sen antecedentes penais e dos que non consta a solvencia, e en liberdade provisional por esta causa, defendidos polo letrado Santiago Vázquez Mato e representados polo procurador Manuel Merelles Pérez, sendo parte o Ministerio Fiscal. E decido que debo condenar e condeno a José Manuel Botana Pereira e a Marcelo Alexis Guerrero Arias, como autores dun

delicto de utilización ilexítima de vehículo de motor alleo, en grao de frustracción, sen a concorrencia de circunstancias modificativas, á pena de cen mil pesetas de multa, a cada un, con arresto substitutorio de 16 días en caso de impago, e privación do permiso de conducir durante seis meses e un día, a cada un, e custas por metade».

Esta sentencia é firme, respecto do acusado José Manuel Botana Pereira, por terse dictado oralmente no acto de xuízo oral, sen que recorresen as partes.

Notifíqueselles a presente resolución ás demais partes, prevíndoas de que contra esta poderán interpor perante este xulgado, recurso de apelación no

prazo de dez días. Unha vez firme participarase ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes, para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ó condenado Marcelo Alexis Guerrero Arias, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

4224