Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.473

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (98/1996-V).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 98/1996-V se tramitan autos de xuízo de faltas por lesións en agresión, nos cales se acordou citar a Ana Belén López Fernández, para que compareza na sala de audiencias número cuatro deste xulgado, sito no Palacio de Xustiza, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o próximo día 21 de xuño ás 11.20 horas, co fin de asistir, como denunciada, á celebración

do xuízo; deberá comparecer provista do seu DNI, e, se fose parte, cos medios de proba de que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 23 de maio de 1996.

A secretaria

Rubricado

3311