Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.473

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (30/1996).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de xustiza gratuíta tramitado neste xulgado co número 30/96 sobre divorcio, se dictou sentencia con encabezado e parte dispositiva do seguinte teor literal:

En Santiago de Compostela o 23 de abril de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 30/1996 deste xulgado, no que actuaron como parte demandada Esther Barreiro Cebey, representada polo procurador dos tribunais Manuel Merelles e asistida polo letrado José A. Montero Villar, nomeados ambos de oficio, e no que se deu audiencia a Mario Mella Rey e ó letrado da Xunta.

Resolvo: que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuita de Esther Barreiro Cebey co obxecto de formular demanda de divorcio cotra Mario Mella Rey, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 da LAC. Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Mario Mella Rey, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9604211