Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (358/1991-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 358/1991, por instancia de Juan José Pose Vázquez, representado polo procurador Calviño Gómez, contra José Fuentes Mansilla e Manuela Landeira Pombo, nos que por resolución do día da data acordouse sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

1. Rústica: número 348-2 do plano oficial de concentración da zona de Buxán, municipio de Val do Dubra: labradío ó sitio de Eira da Barca, de oito áreas e sesenta centiáreas. Estrema: norte: con camiño; sur, con zona excluída; leste, con Lino Amarelle García e outro (347-2); e oeste: con Sara Landeira Pomobo (349). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes ó folio 61, libro 70 de Val do Dubra, tomo 514, predio número 8468.

O dito predio foi valorado na suma de 1.720.000 ptas.

2. Rústica: predio número 348-1, do plano oficial de concentración da zona de Buxán, municipio de Val do Dubra: labradío de Eira da Barca, de oito áreas e sesenta centiáreas. Estrema: norte, con casco urbano de Reboredo de Arriba; sur, con camiño; este, con Lino Amarelle García e outro (347-1); e oeste, con Alcira Fraga Lamas e outra (350-1). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, ó folio 144, libro 50 de Val do Dubra, tomo 255, predio número 8467.

O dito predio foi valorado en 2.150.000 ptas.

3. Rústica: número 42 do plano oficial de concentración Parcelaria da zona de San Pedro de Vilariño (Val do Dubra). Secano ó sito de Torreiro de Fóra, de vintecinco áreas e trinta e cinco centiáreas. Estrema: norte, Monte de Vilariño, regato en medio; sur, camiño de concentración; este, José Landeira B. Blanco (43), e oeste, Monte de Vilariño, regato no medio e camiño de concentración. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes ó folio 159, libro 39 de Val do Dubra, tomo 223, predio 5790.

O dito predio foi valorado na suma de 1.380.000 ptas.

4. Rústica. número 43 do plano oficial de concentración da zona de San Pedro de Vilariño (Val do Dubra), secano ó sito de Torreiro de Fóra, de quince áreas e sesenta centiáreas. Estrema: norte, Monte de Vilariño, regato en medio; sur, camiño de concentración; leste, Jesús Fraga Fraga (44); e oeste, María Pombo Muíño (42). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, ó folio 160, libro 39 de Val do Dubra, tomo 223, predio número 5791.

O dito predio foi valorado en 850.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Algalia de Abaixo, número 24, piso primeiro desta cidade, o día 11 de xullo ás 12 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20% efectivo do valor dos bens que sirvan de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Cuarta: só o executante poderá facer oferta coa condición de cede-lo rematante a un terceiro.

Quinta: en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado onda aquel, o importe da consignación.

Sexta: que por instancias do acredor se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sétima: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día 13 de setembro ás 12 horas, e deberán consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa, sinálase para a terceira, o día 17 de outubro ás 12 horas, sen suxeición a tipo, e deberá consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3333