Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.472

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de abril de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión da praza 96/019 e catro máis de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 93, do luns, 13 de maio de 1996, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.519, base segunda, onde di: «a) Te-la nacionalidade española ou a de calquera país membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os sesenta e cinco», debe dicir: «a) Ser español, non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois.

Os nacionais dos demais Estados Membros da Unión Europea, logo de acreditación de nacionalidade conforme o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados Membros de Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

Logo de acreditación, os nacionais daqueles Estados nos que en virtude de tratados internacionais, subscritos pola Unión Europea e notificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo de Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumprido os setenta».

-Na mesma páxina, onde di: «Os aspirantes deberán xustificar ter aboado na conta corrente 17957982, concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, segundo se detalla a continuación e para cada caso, a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); diplomado, 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas.

por dereitos de exame)», debe dicir: «Os aspirantes deberán xustificar ter aboado na conta corrente 17957982, concurso-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, a cantidade de 9.180 por dereito de inscrición, xuntando á solicitude o resgardo acreditativo do ingreso».

3992