Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.446

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de maio de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 176/1996, do 17 de maio, polo que se regula a acreditación para o exercicio da dirección nos centros docentes públicos nos que se impartan ensinanzas non universitarias.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 100, do 22 de maio de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 4.775, no apartado sexto.4:

Onde di: «O Servicio de Inspección remitirálle ó solicitante, por correo certificado e con xustificante de recepción, o informe final».

Debe dicir: «O Servicio de Inspección remitirálle o informe final ó solicitante, por correo certificado con xustificante de recepción ou calquera outro procedemento que garanta a constatación da data de recepción polo interesado».

Na páxina 4.776, na disposicón transitoria:

Onde di: «os prazos sinalados quedan limitados, pois, a 5 días».

Debe dicir: «os prazos sinalados quedan limitados, pois, a cinco días naturais».

Na páxina 4.777, no Anexo V, no punto 1.1.:

Onde di: «1.1. Supresión no ano... do curso de formación para a función directiva organizado ou recoñecido pola Administración educativa da.».

Debe dicir: «1.1. Superación no ano... do curso de formación para a función directiva organizado ou recoñecido pola Administración educativa».

4238