Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.446

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de maio de 1996 pola que se desenvolve a disposición transitoria primeira do Decreto 176/1996, do 17 de maio, polo que se regula a acreditación para o exercicio da dirección nos centros docentes públicos nos que se impartan ensinanzas non universitarias.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 100, do 22 de maio de 1996, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 4.773, no apartado segundo:

Onde di: «-Publicar nos taboleiros da delegación provincial, no prazo de 10 días a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG».

Debe dicir: «-Publicar nos taboleiros da delegación provincial, no prazo de dez días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG».

Onde di: «-Establecer un prazo de dez días para que os interesados formulen...».

Debe dicir: «-Establecer un prazo de dez días naturais para que os interesados formulen...».

Na páxina 4.773, no apartado quinto:

Onde di: «recurso ordinario ante o director xeral de Ordenación Educativa e Centros».

Debe dicir: «recurso ordinario ante a Dirección Xeral de Persoal».

4189