Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/40-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. A. Tomé, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV, C.T. de 50 kVA en Abeleiras.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 578 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Montouto-Illa e final no C.T. que se vai construír de 50 kVA no lugar de Abeleiras. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3611