Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 95/196-2. Libro de rexistro: 4.447 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: paso Aér. Subt. e L.M.T. Subt. para alimentar a C.T. Xardín.

Situación: Ribadeo.

Descripcións técnicas: entroncamento de media tensión realizada en apoio metálico existente. L.M.T. subterránea de 20 kV, cunha lonxitude de 200 metros, en conductor D.H.V. 15/25 kV, de 1x95 mm Al, desde apoio metálico a C.T. Xardín, en Ribadeo.

Orzamento: 3.555.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capitúlos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 15 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial

3522