Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto
de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.
Denominación: reforma C.T. edificio Gervasio Cao en r/ Vilalba.
Situación: Ribadeo.
Descricións técnicas: reforma en centro de transformación de 630 kVA 20.000±5%/380-220 V, situado en baixo edificio na rúa Vilalba, en Ribadeo.
Orzamento: 3.500.000 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capitúlos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 15 de abril de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3296