Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/41-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. A. Tomé, 110, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. e C.T. de 10 kVA en Devesa.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.179 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Alán e final no C.T. Devesa que se vai construír de 100 kVA, relación 15000-20000±2,5%-5%/398-230 voltios. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3610