Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 6 de maio de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica a aquelas persoas que deberán achega-la documentación requirida polo Servicio de Inspección Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes de referencia (Bares Fernández, Fernando e un máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás persoas cos datos e último domicilio coñecido que se sinala, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Inspección Tributaria.

Co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se citan, deberán, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte á súa publicación, achega-la documentación enumerada. Transcorrido este sen

que se cumpra co trámite, incorrerase nas responsabilidades que por infracción tributaria determina o artigo 78 da Lei xeral tributaria, do 28-12-1963, e disposicións concordantes, con sancións de ata 150.000 pesetas, segundo o artigo 83 do mesmo texto legal.

Vigo, 6 de maio de 1996.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

-Contribuínte: Bares Fernández, Fernando.

Enderezo: López Mora, 56-4º, Vigo.

Documentos expediente: certificación saldos e extractos contas, depósitos, valores desde o falecemento Josefina Serrano Fliquete. Declaración 3 últimos exercicios imposto da renda e patrimonio de Josefina Serrano Fliquete e dos seus herdeiros. Relación bens propios e gananciais do falecido.

-Contribuínte: Pérez Crujeiras, Nieves.

Enderezo: Pza. Portugal, 2-1ºD, Vigo.

Documentos expediente: declaración renda e patrimonio dos 3 últimos anos anteriores ó falecemento Mª Teresa Dolores Díaz Esténs, así como movementos bancarios ano 1990 de Mª Teresa Dolores Díaz Esténs.

9603960