Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1996, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a transformación do xestor de protocolos de emerxencia ó contorno windows.

Orzamento máximo: 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: cinco meses.

Fianza provisional: 120.000 pesetas.

Fianza definitiva: 240.000 pesetas.

Forma de tramitación: ordinaria.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presentar-los licitadores:

-No sobre da documentación xeral, a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da proposición económica, a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre das referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.5 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ás 12 horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán á disposicón dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa Algalia de Arriba, nº 31, Santiago de Compostela.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente

9603961