Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 8 de maio de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Blanco Pereiro, Antonio e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P. e AXD.

Contra a presente notificación poderanse interpoñe-los seguintes recursos: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria da delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estar conformes coa valoración practicada, poderase solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xustificarse ante esta oficina liquidadora; de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado.

Vigo, 8 de maio de 1996.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

-Contribuínte: Blanco Pereiro, Antonio.

Enderezo: Nicaragua, 8-9C, Vigo.

Concepto: Exp. 10681/91-T TPAJD.

Base: 13.336.600.

-Contribuínte: Estrada Codias, Mª del Rosario.

Enderezo: Venezuela, 23-6º Esda., Vigo.

Concepto: Exp. 10505/91-T TPAJD.

Base: 23.847.040.

95-3773