Polo Decreto 27/1996, do 25 de xaneiro, apróbase o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento.
Na disposición derradeira terceira do devandito regulamento facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dicta-las normas necesarias para o seu desenvolvemento, na súa virtude,
DISPOÑO:
Artigo único.-Apróbanse os modelos a que fan referencia os artigos 17.1º, 2º, 3º, 4º e 5º do regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento que figuran como anexos I, II, III, IV, V, VI, VII desta orde:
-Anexo I: «Modelo de autoliquidación».
-Anexo II: «Modelo de resumo anual».
-Anexo III: «Modelo de regularización de autoliquidacións».
-Anexo IV: «Modelo de declaración de facturación».
-Anexo V: «Modelo de xustificación de recibos non pagos».
-Anexo VI: «Modelo de relación de pagamentos de cantidades xustificadas».
-Anexo VII: «Modelo de liquidación da débeda líquida».
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
3918