Con data 18 de abril de 1996, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000539/1996 interposto polo recorrente contra resolución do recurso nº 322 do Comité Galego de Disciplina Deportiva do 2 de febreiro de 1996, sobre cambio de residencia deportiva de futbolista.
En consecuencia esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformdiade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.
Eduardo Lamas Sánchez
Secretario xeral para o Deporte
3837