Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia o concurso público 3/1996, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de material sanitario.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de

outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración de guantes, compresas de gasa estéril, vendas, sedas e xeringas.

2. Orzamento: 14.194.100 ptas, (I.V.E. incluído)

3. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse: primeira entrega nos 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto segundo as necesidades comunicadas polo servicio competente ata 31-12-1996.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos na claúsula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

9. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26 - 1ª planta, 36204 Vigo, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Vigo) as 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán aporta-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos seus adxudicatarios.

Vigo, 6 de maio de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

4050