Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia o concurso público 4/1996, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza de varios centros de saúde dependentes desta Xerencia-Área Norte.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: contratación do servicio de limpeza dos centros de Lalín, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Marín, Moraña, Pontevedra (Urxencias, Dirección Atención Primaria e Suministracións).

2. Orzamento: 27.100.000 ptas., (IVE incluído).

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1996.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Clasificación: a sinalada no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares. (Grupo III; subgrupo 6; categoría B).

9. Criterios de adxudicación: os establecidos na claúsula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

10. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta, 36204 Vigo,

en días hábiles desde as 9 hata as 14 horas.

11. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

12. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Vigo) ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán aporta-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do seu adxudicatario.

Pontevedra, 6 de maio de 1996.

Alberto García Pazos

Director Xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

4086