Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN da Presidencia sobre o remate do prazo de presentación de ofertas ó concurso do servicio de electricidade, calefacción, aire acondicionado, extracción, ventilación e fontanería dos edificios e instalacións do Pazo do Parlamento.

Antecedentes.

1. No Diario Oficial de Galicia nº 99, do 21 de maio, publícase o anuncio para a licitación do contrato de prestación do servicio de electricidade, calefacción, aire acondicionado, extracción, ventilación e fontanería dos edificios e instalacións do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo.

2. Feito o cómputo dos 26 días naturais establecidos para fixa-lo remate do prazo de presentación de ofertas, verifícase que o último día corresponde ó domingo día 16 de xuño.

Fundamento xurídico.

O artigo 48, apartados 3º e 4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que cando o último día do prazo fose inhábil prorrogado ó día seguinte e que os prazos expresados en días se contarán a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a súa publicación.

Resolución.

Na súa virtude, e para garanti-los principios de igualdade, concorrencia e publicidade,

RESOLVO:

Primeiro.-Que o prazo límite para a presentación de ofertas ó concurso de prestación do servicio referido no antecedente primeiro remata o luns día 17 de xuño ás 16.30 horas.

Segundo.-Que o acto público de apertura de plicas perante a mesa de contratación terá lugar o martes día 17 de xuño ás 12 horas, na planta 2ª do edificio do Parlamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

4049