Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-186/95 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de apremio.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 15 de abril de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-186/95.

Denunciado: Gustavo R. Martínez Davila.

Último enderezo coñecido: rúa A Garrida, 457, Valadares, 36315 Vigo.

Feito denunciado: vertido de lixo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de I.F.

Sanción: 10.000 ptas.

9603602