Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de maio de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada B. Paz número 2, a favor de Andrés Romay Otero.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: B. Paz número 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 84.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 29-6-1998.

Anterior concesionario: Andrés Romay Tubio e Victoria Otero Abuín.

Novo titular da concesión: Andrés Romay Otero.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario,

así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 3 de maio de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

3594