Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores I-234/95.1 e I-287/95.2 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, 4 de agosto (BOE do 9-8) o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, as ale

gacións que se consideren convenientes, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 15 de abril de 1996.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

-Expediente: I-234/95.1.

Denunciado: César José Blanco Escaso.

Último enderezo coñecido: rúa Montecelo, 72, 2º 36207 Vigo.

Feito denunciado: acampada ilegal e con emprego de lume en época prohibida.

Precepto infrinxido: artigos 136 h) e 138 a) do regulamento da Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de I.F.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: I-287/95.2.

Denunciado: Mario Mella Rey.

Último enderezo coñecido: rúa Insua, 20, Luou, Teo, A Coruña.

Feito denunciado: facer lume en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: artigos 138 a) do regulamento da Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de I.F.

Sanción: 15.000 ptas.

3645