Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en San Martiño de Anllo.
Situación: Sober.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 3.735 metros, sobre postes de formigón. Catro centros de transformación de 100, 50, 50 e 50 kVA 20.000/398-230 V ± 2,5% + 5%, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 1.698 metros, para mellora do servicio eléctrico en San Martiño de Anllo, O Couto, Arxemil, Camilo, Arroxo, Nogueira, Carreira e A Burdalla, no concello de Sober.
Orzamento: 20.800.000 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9603407