Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 96/45-2. Libro de rexistro 4.516 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e decla

ración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. de Arxemil.

Situación: Sober.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 6.874 metros, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Arxemil, no concello de Sober. Produciranse as seguintes derivacións os C.T.S. de Canaval, depuradora, Moreda, Vilaescura, Rosende, A Cavadiña, Naz, S. Martiño, Campo de Hortas, Anllo, Carreira, Mata, Nogueira e O Couto.

Orzamento: 15.380.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3787