Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996 pola que se convoca o concurso público 16/1996 para adquisición de diverso material informático (rede troncal) para o equipamento da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, Cesga.

Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 16/1996 para adquisición de diverso material informático (rede troncal) para o equipamento da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, Cesga.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11. r/ Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o vixésimo sexto día contado desde a publicación da dita disposición ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día hábil contado desde a finalización do prazo de presentanción de proposicións a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 mes contado desde a notificación da adxudicación.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Presuposto de licitación: 15.500.000 ptas.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

9603406