Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.177

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (31/1993).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, nos autos de divorcio número 31/1993 seguidos neste xulgado por instancia da procuradora Esperanza Álvarez en nome e representación de María Teresa Carolina Torreira Costa contra Elicio Policarpo Puerto Mogollón, en rebeldía, acordouse trabar embargo sobre o seguinte ben inmoble propiedade do demandado:

Predio urbano, vivenda E, situada no 5º piso. Mide uns 75 metros cadrados. Limita ó norte co patio de luces e oco ascensor; ó sur, con patio posterior de luces, descanso de escaleiras e vivenda F, situada en igual planta; e oeste, cun patio de luces e predio dos señores Carbajo. Corresponde á casa número 86-88 da avenida de José Antonio da cidade de Vigo.

Para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde, en paradoiro descoñecido, Elicio Policarpo Puerto Mogollón, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

O secretario

Rubricado

9603086