Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.177

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación e requirimento (320/1991-05).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous de Santiago de Compostela, nos autos número 320/1991, seguidos como procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Raposo Quintas, contra Antonio Fernández Fernández e Isabel Toral Martínez, en reclamación de crédito hipotecario, notifícase polo presente edicto a Antonio Fernández Fernández e a Isabel Toral Martínez, con domicilio en Travesía de San Luis, número 4-1º, Pontecesures (Pontevedra), dictarse neles a resolución pola que se admite a demanda a trámite, que está ó dispor do público na secretaría deste xulgado.

Son requiridos para que dentro do termo de dez días hábiles satisfagan á parte demandante as sumas que se reclaman en demanda, baixo apercibimento de que, de non efectua-lo pagamento das cantidades debidas no referido termo continuarase o trámite ata a venda en pública poxa do(s) predio(s), para pagar aquelas á executante.

Para que sirva de notificación e requirimento en forma ós referidos demandados, para os fins, polo termo e co apercibimento expresados, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9603256