Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (508/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que nos autos de xuízo executivo seguidos co número 508/1995 se dictou con data de 12 de decembro de 1995 sentencia cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado co número 508 de 1995, entre partes, dunha, como demandante, a entidade Banco Bilbao Vizcaya, S.A., domiciliada en Bilbao, representada en autos polo procurador García Píccoli Atanes, asistida da letrada Fandiño López, e doutra como demandado, José Ramón Brey Álvarez, con domicilio en Codego s/n, Boqueixón, incomparecido e en situación de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José Ramón Brey Álvarez, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Bilbao Vizcaya, S.A., da suma principal de 801.016 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se impoñen á parte que debe, a quen se lle notificará esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro dos cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificado ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, José Ramón Brey Álvarez, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9603281