Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (44/1994).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo, outros títulos nº 44/1994, nos que recaeu a sentencia que ten o seguinte encambezamento e parte dispositiva:

En Padrón o dezanove de abril de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por José Manuel Vilela Lage, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo, outros títulos, seguidos neste xulgado co nº 44/1994, no que son parte, como demandante, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixavigo, representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e asistido polo letrado José Luis Franco Grande, e, como demandada, entre outros, Manuel Catoira Coria, Ana Mª Lorenzo Tubío e Antonio Lorenzo González, en paradoiro descoñecido.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Manuel Catoira Coira, Ana Mª Lorenzo Tubío, José Manuel Romero Vázquez e Antonio Lorenzo González, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 2.427.685 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

E para a súa publicidade e que lles sirva de notificación ós demandados non comparecidos, Manuel Catoira Coira, Ana Mª Lorenzo Tubío e Antonio Lorenzo González, expido o presente edicto en Padrón o dezanove de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9603192