Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (21/1996).

En virtude do acordado por Fidel del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 21/1996, que se segue ante este xulgado sobre ameazas, cítase o demandado Holgerr Frick, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o vindeiro día 14 de xuño, ás 11 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que intente valerse, e fáiselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Noia o dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

3191