De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade da Coruña do 16 de outubro de 1995 (BOE do 14 de novembro) para a provisión da praza número 95/049 de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade, a favor de Pilar Uriz Tomé, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Pilar Uriz Tomé, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade.
A Coruña, 9 de maio de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
3148