Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato para a realización de traballos específicos e concretos e non habituais da Administración consistente no seguimento e desenvolvemento do programa naval da Consellería de Industria e Comercio.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 3/1996.

Obxecto do contrato: realización de traballos específicos e concretos e non habituais consistente no seguimento e desenvolvemento do programa naval da Consellería de Industria e Comercio.

Tipo de contrato: traballos específicos e concretos e non habituais da Administración.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 29-2-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de ptas.).

Adxudicación:

Data: 6-5-1996.

Contratista: Joaquín González-Llanos Galvache.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: quince millóns setecentas cincuenta mil pesetas (15.750.000 ptas.)

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1996.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

3758