Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Federación Galega de Academias Privadas (FGA).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario da dita federación, Antonio Dietez Moure Areán, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral, celebrada o día 23 de marzo de 1996, consistente na modificación do artigo 5 referente ó cambio do seu domicilio social.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9603516