En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación expedida pola secretaria da dita asociación, Marta Sánchez Bolaños, co visto e prace da súa presidenta, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria, consistente na modificación do seu domicilio social.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
9603699