Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.962

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (200/1995).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, dá fe e certifica que neste xulgado se segue xuízo de separación baixo o nº 200/1995, por instancia de Mª del Carmen Antelo Muñiz, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez, contra Juan Blanco Lueiro, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é literalmente como segue:

Xulgado de Primeira Instancia número un civil. Sección Ma.

Xuízo separación conxugal (5 *), asunto 200/1995.

Sentencia nº 35/1996.

En Negreira o nove de abril de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido os presentes autos de separación matrimonial seguidos co nº 200/1995, por instancia de Mª del Carmen Antelo Muñiz, maior de idade e con domicilio no lugar de Señor, A Baña, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez, e defendida pola letrada Leonor Ramos Turnes, contra Juan Blanco Lueiro, maior de idade e en ignorado paradoiro, en situación procesual de rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando parcialmente a demanda deducida polo procurador Calviño Gómez, en nome e representación de Mª del Carmen Antelo Muñiz contra Juan Blanco Lueiro, debo declarar e declaro a separación matrimonial dos cónxuxes litigantes e debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas complementarias:

1º. Atribución da garda e custodia do fillo menor de idade á esposa demandante, se ben a patria potestade será exercida conxuntamente por ámbolos proxenitores.

2º. En favor do esposo demandado, sinálase o seguinte réxime de visitas: fins de semana alternas desde as 12 horas do sábado ata as 20 horas do domingo, debendo recoller e entrega-lo menor no domicilio materno, sempre, claro está, que o dito proxenitor se encontre en España, así como a metade dos períodos vacacionais do fillo, isto é, un mes no verán, unha semana no Nadal e outra na Semana Santa.

3º. O demandado aboaralle á demandante, en concepto de alimentos a prol do fillo menor de idade, a cantidade de 25.000 pesetas mensuais, que se pagarán dentro dos cinco primeiros días de cada mes, actualizándose anualmente a dita cantidade conforme as variacións que experimente o IPC fixado polo INE. Igualmente, estará obrigado a satisface-la metade dos gastos extraordinarios que orixine o fillo menor, logo da correspondente xustificación.

4º. A esposa continuará no uso e desfrute da vivenda familiar.

5º. Disolución do réxime de gananciais.

E todo isto, sen facer expresa condena en custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

E para que así conste e sirva de cédula de notificación ó demandado rebelde Juan Blanco Lueiro, en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino o presente edicto en Negreira o nove de abril de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

3717