Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (124/1996).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de desafiuzamento por falta de pagamento, número 124/1996, promovidos por María Olga Vilas Martínez, contra G y A Publicitarios de Exterior, S.L., cítase a vostede para que o vindeiro trinta de maio, e hora das dez, compareza neste xulgado, sito no edificio de xulgados, 2ª planta (polígono das Fontiñas-rúa Viena nº 1), para asistir á celebración do xuízo verbal de desafiuzamento a que se refire a demanda, advertíndoo de que debe concorrer provisto dos medios de proba de que intente valerse, con apercibimento de que se non comparece nin xustifica causa lexítima, recaerá sobre el o prexuízo legal a que haxa lugar en dereito, conforme co disposto nos artigos 1573, 1577 e 1578 da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto no artigo 1563 da Lei de axuizamento civil, apercíbeselle de que para que poida acordarse e enervación da acción de desafiuzamento deberase realizar antes da celebración do xuízo o pagamento ou consignación das cantidades, na inefectividade das que se sustenta a demanda e na que no devandito momento se deba.

E de que non comparecer nin verifica-lo completo pagamento terase por conforme co desafiuzamento e procederase sen citalo máis nin oílo a desaloxalo ó ser esta a súa segunda citación (artigo 1577 da Lei de axuizamento civil).

Fáiselle saber que deberá comparecer representado por procurador e asistido de letrado (artigos 4.2º e 10.2º da Lei de axuizamento civil).

E para que conste e sirva de citación a G y A Publicitarios de Exterior S.L., expido e asino a presente en Santiago de Compostela o seis de maio de mil novecentos noventa y seis.

O secretario

Rubricado

3875