Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996 pola que se inscribe a Asociación Peregrinos Mundi no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Peregrinos Mundi, do 16 de abril de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Peregrinos Mundi quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 059.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

3993