Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1996 pola que se inscribe a Asociación Cultural Ruta Marítima do Apóstol no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Ruta Marítima do Apóstol, do 20 de marzo de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Ruta Marítima do Apóstol quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 058.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

3508