Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 22 de abril de 1996 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Eduardo M. Pinedo Iglesias titulado Ruta Jacobea a caballo.

O Decreto 245/1994 do 23 de xuño regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Eduardo M. Pinedo Iglesias titulado Ruta Jacobea a caballo, por considerar que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, segundo a valoración feita pola comisión creada para o efecto pola Orde do 7 de marzo de 1995.

O proxecto queda inscrito no rexistro de actividades e proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co nº 011.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na execución destes que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

3507