Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste concello proxecto de modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello, formulado polo propio concello, polo presente anuncio sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o expresado prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera persoa nas oficinas do concello, para formular, se é o caso, as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

A suspensión do outorgamento de licencias afectará a tódalas zonas nas que a aprobación das modificacións puntuais de que se trata supón modificación do réxime urbanístico vixente.

San Sadurniño, 15 de abril de 1996.

Constantino Bedoya Vázquez

Alcalde presidente

3857